Receitas e licores

Peras ó viño tinto con queixo de Cebreiro

INGREDIENTES (para 6 persoas)

- 6 peras grandes ou unha ducia das pequenas
- 300 g de azucre (3 culleradas por pera)
- 1/2 litro de viño tinto
- canela, noz moscada en pó e 1 cravo de especia
- 1 grolo de licor de pera ou augardente
- 1 cullerada de queixo por persoa
- 6 Marrons Glacés


ELABORACIÓN

Pélanse as peras de tonas e co descorazonador quítaselle o carozo e as pevidas.

Poñémolas dereitas nun cazo sen cubrilas totalmente de viño, coas especias, para cocelas sen que fervan, a lume manso. De cocidas retirámolas da pota e deixamos reduci-lo prebe da cocción 10 minutos. Enfriamos as peras co prebe na neveira dúas horas. Partimos cada pera á metade e colocámolas no plato cortadas como se fosen láminas facendo un abano. Móllanse coa salsa de cocelas e cun grolo de licor, poñendo o queixo ó seu carón. Adobiamos con cereixas confitadas ou herbaboa picada cun marron glacé enriba do queixo.

Contáctanos | No rights reserved | Ten vostede permiso para copiar, redistribuir, modificar, amosar publicamente, e facer o que lle veña en gana con todo o aquí publicado.
Esta páxina foi modificada por última vez o 27/03/2009 ás 15:07:56