Receitas e licores

Cabuxo asado con patacas

Ingredientes: (para 6 persoas)

1 cabuxo
4kg. de patacas
3 cebolas
1 limón
1 cabeza de allo
 viño branco
 azafrán
aceite
 manteca de porco
 sal


Preparación:

Tallamo-lo cabuxo, unha vez limpo, e deixámolo durante 24 horas en adubo cos dentes de allo esmigallados, o sal, o viño branco, o azafrán e o zume de limón. Ó seguinte día escórrese e resérvase. Dóuranse ben os anacos nunha tixola, xunto ca cebola, nunha mestura de aceite e manteiga, e colócase nunha cazola de barro botándolle por riba o prebe do adubo, así como o rustrido da cebola. Métese no forno, quecido con anterioridade,durante 50 minutos, rodeado de patacas talladas en anacos.

 

Contáctanos | No rights reserved | Ten vostede permiso para copiar, redistribuir, modificar, amosar publicamente, e facer o que lle veña en gana con todo o aquí publicado.
Esta páxina foi modificada por última vez o 27/03/2009 ás 15:07:56