Sangría
Ingredientes:
- 3 melocotons
- 50 gr. de azucre
- 5 cl. de coñac
- 1 litro de viño tinto da casa
- 1 rama de canela
- 1 vaso de zume de laranxa
- ½ vaso de zume de limón
- 1 monda de limón cortada a metade
Preparación:
Pela-los melocotóns e partilos á metade, quita-lo oso e cortalos en rodas finas. Poñelos nun cacharro co azucre e a coñac.
Engadirlle o viño tinto, un vaso de zume de laranxa e ½ limón, a canela e a monda do limón.
Servir ben fría e cunha culler de madeira.
Feito en Galiza
Contáctanos | No rights reserved | Ten vostede permiso para copiar, redistribuir, modificar, amosar publicamente, e facer o que lle veña en gana con todo o aquí publicado.
Esta páxina foi modificada por última vez o 27/03/2009 ás 15:07:56