LICORES EXPERIMENTAIS
Licor de Grosellas
Ingredientes:
- 1 kg. de grosellas
- 500 g. de azucre
- 1 l. de augardente de Portomarín
Preparación: Apañar as grosellas ben maduras, logo lavalas e poñelas nun envase pechado xunto co azucre e a augardente. Deixar macerar aproximadamente 1 ano e abanicalo de cando en cando para que se disolva ben o azucre. Filtrar e embotellar. Feito en Goian (Lugo - Galiza)
Licor de Cereixas
- 1 kg. de cereixas
- 500 g. de azucre
- 1 l. de augardente de Portomarín
Preparación:
Apañar as cereixas ben maduras, logo lavalas e poñelas nun envase pechado xunto co azucre e a augardente. Deixar macerar aproximadamente 1 ano e abanicalo de cando en cando para que se disolva ben o azucre. Filtrar e embotellar.
Feito en Goian (Lugo - Galiza)
Licor de Cirolas
- 1 kg. de cirolas
- 500 g. de azucre
- 1 l. de augardente de Portomarín
Preparación:
Apañar as cirolas ben maduras, logo lavalas e poñelas nun envase pechado xunto co azucre e a augardente. Deixar macerar aproximadamente 1 ano e abanicalo de cando en vez para que se disolva ben o azucre. Filtrar e embotellar.
Feito en Goian (Lugo - Galiza)
Licor de Figos

Ingredientes:
- 24 figos
- 150 g. de azucre (6 coller)
- 15 cl. de auga para o almíbar
- ¾ l. de augardente de Portomarín
Preparación:
Apañar os figos ben maduros, quitarlle-la pel, facer un almíbar do azucre, logo poñer nun envase pechado os figos, a augardente, e o almíbar. Deixar macerar aproximadamente 1 ano e abanicalo de cando en cando para que se mesture ben todo. Filtrar e embotellar.
Licor de Peras

Ingredientes:
- 6 peras grandes
- 150 g. de azucre (6 coller)
- 15 cl. de auga para o almíbar
- ¾ l. de augardente de Portomarín
Preparación:
Apañar as peras ben maduras, logo lavalas, cortalas, facer un almíbar do azucre, logo poñer nun envase pechado as peras, a augardente, e o almíbar. Deixar macerar aproximadamente 1 ano e abanicalo de cando en cando para que se mesture ben todo. Filtrar e embotellar.
ESTES LICORES ESTAN AÍNDA SEN PROBAR (Están feitos este ano a primeira vez, así que ata o ano que vén non saberei como están.)
Orixe Galega


