Licor de laranxa
Ingredientes
- 1 litro de augardente de Portomarin
- 3 laranxas grandes novas
- 700 grs de azucre
- 1 pau de canela en rama
- Unas follas de hierba luisa
Preparación:
Nun frasco de boca ancha bota-lo azucre, a augardente, dúas laranxas cortadas pola metade, o zume da terceira, a canela e a herba. Tapa-lo frasco e deixar macerar tres meses.
· Filtrar e embotellar.
Licor de laranxa suspendida
Ingredientes:
- ½ litro de augardente de Portomarin
- 1 laranxa grande
- 150 grs de azucre
Preparación:
Nun tarro de un litro, bota-lo azucre e a augardente.
Colgar a laranxa do tapón de maneira que quede suspendida sen toca-la augardente, abrilo dous meses despois e tira-la laranxa que estará negra .
Degustar como licor
