Licor de limón
Ingredientes:
- 15 limóns
- 2 botellas de vodka de 750ml
- 4 cuncas de azucre
- 5 cuncas de auga
Preparación:
1) con un pelapatacas saca-la tona dos limóns, deixándolles un pouquiño de branco para que queden medio amargas.
2) poñer nun botellón as cascariñas cortadas en xulianas, co contido dunha botella de vodka, deixalo repousar corenta días.
3) pasado ese tempo, agrega-lo contido da outra botella e o almíbar frío.
LICOR DE LIMÓN (LIMONCHELO)
Ingredientes:
Para un litro de augardente de Portomarín-Galiza
12 cáscaras de limóns, coa parte branca
600 grs. de azucre
Preparación:
Con 1 litro de auga, férvese primeiro co azucre; cando está o líquido, templado, incorpóraselle o demais. Gárdase en frigorífico e débese tomar moi frío. Feito en Galiza - España