Licor café
Ingredientes:
Para 4 litros de augardente de Portomarin
- 1 Kg. de azucre
- 400 grs. café natural
- mondas dunha laranxa
- 3 estrelas de anís, da botica
Preparación:
Bótanse dunha pota, augardente, azucre, as estrelas de anís, e a monda de laranxa, todo xunto para desface-lo azucre; bótase o café moído, e mezclase todo revolvéndose dous ou tres veces ao día, durante oito ou nove días.Colalo ben cun pano para embotellar.Feito en Galiza
Outro Licor café
Ingredientes:
- Para 2 ½ litro de augardente de Portomarin
- ½ litro de auga para facer o café
- ½ Kg. de azucre
- ¼ Kg. de café moído
Preparación:
Face-lo café e deixar repousar. Logo colalo nun recipiente.
Ferver ¼ litro de auga e botarllo ás borras do café; deixar repousar e colar. Apretar ben coas mans para quitarlle a sustancia ás borras.
Botar nunha pota azucre, augardente e o café feito.
Hai que revolvelo pola mañá e pola noite e deixar repousar moito.
Orixen Galego
